Vicente Risco. Mestre de mestres.

Fundación Vicente Risco e Xosé Fernández Fernández

10,00 

SKU: P-0497 Categorías: ,

Descripción

Coeditado coa Fundación Vicente Risco

A obra foi gañadora da 31 edición do Premio Antón Losada Diéguez de Investigación en abril de 2016.

 

 

 

Sinopse de Vicente Risco. Mestre de mestres.

Neste libro se reflite o froito, en grande parte, dunha tese de doutoramento elaborada tras moitos anos de investigación e valorada coa cualificación de sobresaliente cum laude por un tribunal formado por Narciso de Gabriel Fernández como presi­dente, Antón Costa Rico, Eugenio Otero Urtaza, Sabela Rivas Barrós e Mª. Carmen Pereira Domínguez de vogais; ademais de serlle outorgado Premio Extraordinario pola Universidade de Vigo. Un traballo dirixido pola profesora Carmen Benso.

Elixido para ser publicado no marco do Concurso de Publicacións da Deputación do ano 2014 como coedición entre a Deputación Provincial de Ourense e a Fundación Vicente Risco.

No ano 1916, Risco pasa a formar parte do Claustro da Escola Normal de Mestres de Ourense e se foi configurando como un grande formador de profesores no ámbito da Historia e as Ciencias Sociais e Humanísticas, non só por ser o docente da Escola Normal, senón polas súas aportacións orixinais á historia do nacionalismo galego nos anos vinte. Hoxe que prácticamente non se concibe o profesor universitario que non sexa investigador, temos en Risco o mellor exemplo de profesor que elabora as súas propias teorías, teorías que ademais son o motor histórico dun forte movemento cul­tural e político.

Vicente Risco. Mestre de mestres.

Autores Fundación Vicente Risco e Xosé Fernández Fernández
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2014
Idiomas Gallego
Encuadernación 24 x 17 cm., b/n, rústica con solapas
Nº de páxinas 512
ISBN 978-84-92554-78-2