Sinopse de O ensino primario en Ourense no primeiro terzo do século XX
Este libro tenta analizar o estado do ensino primario en Ourense no primeiro terzo de século XX así como outros aspectos socioambientais que rodean á educación da provincia. Unha provincia que contaba cuns índices de analfabetismo moi elevados a comezos da nova centuria e unha depauperada sociedade que non tiña a educación como máxima prioridade.
A pretensión é internarse nas cuestións estruturais da educación primaria ourensá, na evolución do número de escolas primarias, tanto públicas como privadas, nas escolas de adultos, na calidade e estado dos establecementos escolares; se resultaban suficientes para a provincia, como se distribuían, os orzamentos que recibía a provincia para a educación, que métodos se empregaban, se os docentes cumprían coas súas obrigas, como era a actitude social ante a educación, etc.
Obra aprobada no Concurso para selección de obras para edición ou coedición pola Deputación Provincial de Ourense correspondente ao exercicio 2014.



