Sinopse de Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su epistolario con Otero Pedrayo
É unha publicación moi completa sobre a figura de Primitivo Rodríguez Sanjurjo, persoa clave na renovación de ideas do Ourense das primeiras décadas do século XX.
A obra comeza cun estudo do percurso vital do autor (relacións, estadías en Estados Unidos, volta á península, etc.) de 62 páxinas. Transcríbense e coméntanse as 38 misivas enviadas por él a Otero Pedrayo entre 1916 e 1946.
Dúas seleccións de textos (unha de libros e inéditos do autor, e outra sobre o autor -de Otero, Risco, Cuevillas, Borges e Rafael Cansinos Assens) preceden a tres lembranzas da súa filla única, Josefina, elaboradas pola escritora Julia Sáez Angulo, un anexo fotográfico con 29 imaxes, e un completo índice onomástico das persoas que aparecen citadas nas cartas.
A obra foi escollida polo Consello Asesor de publicacións da Deputación no Concurso para selección de obras para a súa edición ou coedición pola Deputación no ano 2015.



