Sinopse de Ritos, costumes e expresións da Coresma e da Semana Santa.
A Semana Santa é unha das festas relixiosas máis importantes da sociedade española, pero, cada vez máis, perde o seu valor relixioso, para ser unha expresión do inicio do cambio do inverno ao verán e adquirir unha dimensión de evasión e ocio. Esta obra trata de ser un achegamento aos ritos e costumes da Coresma e da Semana Santa en xeral e tamén inclúe un pequeno capítulo sobre a Semana Santa na cidade de Ourense.


