Descripción
Serie Raigame
Otros autores: Manuel F. Rodríguez, Carmen A. Pugliese, Manuel Vilar Álvarez, Fátima Braña Rey, Eva Mouriño, José Antonio Fidalgo Santamariña, Xosé Benito Reza, Yolanda Barriocanal López, Xavier Limia Gardón, Elijio Rivas Quintas,Lourdes Maceiras García, Xesús Rodríguez Rodríguez, Raquel Mariño Fernnández, Rosa Vicente
Sinopse de Patrimonio etnográfico galego IV. Os camiños de Santiago. Miradas e experiencias.
Actas do IV Congreso de Patrimonio Etnográfico celebrado en Ourense, coordinado por Xosé Manuel Cid, Fátima Braña, Xulio e Mariló Fernández e organizado polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.O volume comeza cun recordatorio da figura do antropólogo Xosé Antón Fidalgo por parte de Xosé Manuel Cid, para pasar á análise dos Camiños de Santiago desde cinco grandes ópticas, como son as ANOTACIÓNS HISTÓRICAS de Manuel F. Rodríguez e Carmen A. Pugliese sobre as motivacións para facer o Camiño e o papel das mulleres peregrinas respectivamente. As MIRADAS ANTROPOLÓXICAS de Manuel Vilar e Fátima Braña sobre o porqué da antropoloxía e as accións patrimoniais. Eva Mouriño, Xosé Antón Fidalgo e Xosé Benito Reza abordan O CAMIÑO FRANCÉS dende o punto de vista da súa recuperación e beleza paisaxística. Nos CAMIÑOS DO SUR, da delimitación da Vía da Prata ocúpase Yolanda Barriocanal, Xabier Limia defíneos como un camiño de transformación persoal e Eligio Rivas trata de acercarnos ás diferentes denominacións, para que Lourdes Maceiras nos presente a realidade sanitaria do Camiño Minhoto-Ribeiro. Para rematar cos CAMIÑOS DE SANTIAGO AOS OLLOS DOS/AS EDUCADORES/AS por parte de Xesús Rodríguez e Raquel Mariño, mais Rosa Vicente.