Los perdedores. La represión política en Galicia en el siglo XIX

Xóse Ramón Barreiro Fernández

10,00 

Sinopse de Los perdedores. La represión política en Galicia en el siglo XIX

A obra foi elixida para a súa edición no concurso de publicacións da Deputación de Ourense do ano 2016.

O autor expresa, nestas páxinas, que pretende xustificar por que optou polo modelo rexional galego para o estudo da represión política no século XIX. Comenta que as rexións históricas configuráronse sempre como unidades espaciais integradas, formadas por  relacións socioeconómicas nas que, no caso de Galicia, a persistencia do foro como contrato básico da terra determina un modo de sociabilidade atípico. A presenza dun Capitán Xeral, dunha Real Audiencia e un Intendente exclusivamente destinados a Galicia confirman a visión que o Estado absolutista tiña dos antigos reinos. No seu interior a división provincial en sete unidades (Santiago, Coruña, Betanzos, Lugo, Ourense, Mondoñedo e Tui), a rede señorial e as divisións comarcal e parroquial garantían a organización social. Únase a isto o uso dunha lingua propia, que asegura a comunicación interior e, en certa maneira, illa do exterior para ter configurados os trazos máis sobresalientes dun modelo rexional.

Comenta como a transición política do Antigo Réxime cara á modernidade foi inducida desde a capital de España, pero o seu desenvolvemento foi sempre de carácter rexional. A oposición entre liberalismo e absolutismo atopou en cada rexión unha determinada resposta que non viña inducida desde a capital, senón que correspondía aos intereses das elites, ao nivel da intelectualidade e á disposición da gran masa campesiña en cada unha destas rexións. Pretende que este libro non sexa só un relato histórico dun dos períodos máis turbulentos do século XIX, e quere que sexa, ao mesmo tempo, unha reflexión sobre a violencia política.

Los perdedores. La represión política en Galicia en el siglo XIX

Autor Xóse Ramón Barreiro Fernández
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2016
Idiomas Castellano
Encuadernación 24 x17 cm., b/n, rústica con solapa
Nº de páxinas 206
ISBN 978-84-16643-08-0
Depósito Legal OU-289-2016