Sinopse de Laurentius Hispanus: regula iuris. Pontífice medieval ourensano de renombre internacional
Esta obra foi elixida, para ser editada, no concurso de Publicacións da Deputación de Ourense do ano 2018.
No ano 1218 un pontífice romano elevou á sede episcopal da cidade de As Burgas a un personaxe cuxa fama atravesou fronteiras durante varios séculos e grazas a cuxa iniciativa construtora podemos hoxe admirar a chamada Ponte Romana ou a Catedral. Este libro refírese a esta figura do ámbito da historia do dereito, Laurentius Hipanius.
O presente estudo quere contribuír ao coñecemento deste ilustre profesor, canonista e bispo, e a difundir a súa memoria. Lorenzo Hispano foi un deses homes aos cales debemos, en boa medida, a interpretación, o desenvolvemento e a transmisión dese conxunto de leis que conforman o armazón de moitos sistemas xurídicos actuais, herdeiros do dereito romano e do dereito canónico medieval.
Este traballo contén un importante estudo sobre a vida e a obra de Laurentius Hispanus, Así, no capítulo terceiro aparece unha biografía deste canonista; e no cuarto, exponse unha síntese das obras que, poden atribuírse con certeza a Lorenzo. Ambos os capítulos son precedidos por outros dous de contexto: o primeiro ofrécenos as coordenadas histórico-eclesiais do tempo de Laurentius; no segundo, a estrutura e o contido de dúas obras xurídicas clásicas, fontes do seu pensamento: o Corpus Iuris Civilis e o Corpus Iuris Canonici.

