Sinopse de Flora de la provincia de ourense. Sierra del Burgo
Os tres autores deste libro son uns apaixonados da flora e fauna de Galicia e detrás desta obra hai un gran traballo de campo.
Comprende un completo estudo sobre a flora da Serra do Burgo, territorio que percorreron e herborizaron. Escollérono pola súa biodiversidade florística, por ser unha serra homoxénea, granítica, illada e ben delimitada, que nunca fora estudada por ningún botánico coñecido. Ademais, os seus escasos núcleos habitados e o seu difícil acceso garantizan a existencia de biótopos relativamente ben conservados.
O estudo florístico permitiulles encadrar a serra nunha ou outra rexión corológica, establecer límites ou fronteiras biogeográficas, e comparar a súa flora coa dos macizos próximos.
A Serra do Burgo está situada na parte Norcentral da provincia de Ourense, é un ramal interfluvial desprendido do complexo Macizo Central Ourensán (Sierra de Queixa – Manzaneda – Invernadoiro) (1.778 m.). A Serra está repartida entre os municipios de Montederramo, Chandrexa de Queixa e Castro Caldelas.
A edición foi aprobada no “Concurso para selección de obras para edición ou coedición pola Deputación Provincial de Ourense” correspondente ao exercicio 2014.


