Emprendedores rexos en tempos duros. A integración dos galegos en Venezuela e no Brasil durante o século XX

María Xosé Vázquez Lojo e Raúl Soutelo Vázquez

13,00 

Sinopse de Emprendedores rexos en tempos duros. A integración dos galegos en Venezuela e no Brasil durante o século XX

«Para os que se van, é, antes que nada, unha experiencia individual; para os que se quedan é, sobre todo, un problema social». Ramón Piñeiro resumía con esta frase a perspectiva, sobre a emigración que predominaba na inte­lectualidade galeguista de mediados do século pasado. Facíao na súa intervención no I Congreso da Emigración Galega celebrado en 1956 en Buenos Aires. E concluía,  «todos os galegos participamos no feito da emigra­ción», «vivíndoa como experiencia ou vivíndoa como problema». Trátase dun longo proceso que está omnipresente na evolución demo­gráfica, económica, social e identitaria da Galicia do século XX. Mesmo condicionou discursos e estratexias ,políticas recentes artelladas nesta fisterra atlántica pensando nos fillos e netos dos emigrados.

Neste ensaio se abordarda a realidade vivenciada polos propios emigrantes en Venezuela e no Brasil. Os autores escolleron precisamente estes dous casos porque foron os destinos preferidos polos emigrantes galegos das décadas centrais do século pasado, mesmo desprazando a Arxentina no caso de Venezuela.

Se empregaron como fontes primarias os testemuños de varios emigrantes ouren­sáns, os seus retratos e as cartas que escribiron para manter a relación cos familiares e cos amigos que deixaron atrás. Contrastaron as súas percepcións coas visións elaboradas polos intelectuais coetáneos, dende Piñeiro como estratego de Galaxia, ata Celso Emilio Ferreiro.

A obra foi escollida polo Consello Asesor de Publicacións da Deputación no Concurso para selección de obras para a súa edición ou coedición pola Deputación no ano 2015.

Emprendedores rexos en tempos duros. A integración dos galegos en Venezuela e no Brasil durante o século XX

Autores María Xosé Vázquez Lojo e Raúl Soutelo Vázquez
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2015
Idiomas Galego
Encuadernación 24 x 17cm., bitono, rústica con solapas
Nº de páxinas 232
ISBN 978-84-92554-92-8
Depósito Legal OU-281-2015