Sinopse de El pazo fortaleza de Villamarín
Con motivo do proceso de restauración e rehabilitación levada a cabo no pazo-fortaleza de Vilamarín, aparece este libro. Ademais do atractivo intrínseco da edificación e o seu ámbito, conta este espazo coa posibilidade de celebrar alí acontecementos que respondan a unha finalidade sociocultural, tratando de devolver un protagonismo e a historia viva a un conxunto que xa o tivo noutras épocas.




