Sinopse de El Maestro de Sobrado
O vigor científico e o entusiasmo de Juan José Martín González e José Paz únense nesta obra para dar a coñecer un traballo que pode considerarse primicia no estudo dunha parte da arte realizado en Ourense.
Galicia coñeceu a irradiación da escola de Juan de Juni a través de dúas obras magitrales: O Enterro de Cristo de Sobrado dos Monxes e o Retablo da Piedade da Catedral de Ourense. O convencemento de que ambas obras eran do mesmo escultor levou a Martín González a tentar a primeira clasificación de pezas do devandito autor que bautizou co nome de Mestre de Sobrado.
José Paz detectou novas esculturas que poderían estar relacionadas co escultor. Este libro é un inventario que dá a coñecer estas obras.


