Sinopse de El hospital provincial de Ourense (1930-1979)
De la Torre Somoza, ademais de médico, foi un investigador nato no referido á historia do hospital de Ourense, e quixo poñer negro sobre branco na historia da atención hospitalaria da provincia, e poñer a disposición da sociedade un achegamento á realidade dun período histórico que vai desde os anos 1930 a 1979 do pasado século.
É unha completa análise do denominado Hospital Modelo, desde o seu proxecto, á súa evolución, sen deixar de lado a súa administración e goberno; un documento de relevante valor para os que queren saber deste tema.
A obra foi escollida polo Consello Asesor de Publicacións da Deputación no concurso para selección de obras para a súa edición ou coedición pola Deputación no ano 2015.

