Descripción
Coedición coa Fundación Otero Pedrayo
Prólogo de Maribel Outeiriño
10,00 €
Coedición coa Fundación Otero Pedrayo
Prólogo de Maribel Outeiriño
Coedición entre a Fundación Otero Pedrayo 20% e a Deputación de Ourense 80%. A obra a presentou a Fundación Otero Pedrayo ao Concurso de Publicacións da Deputación no ano 2017.
Recompilación de artigos publicados por Otero na prensa local. Como Maribel Outeiriño explica no seu prólogo, don Ramón Otero Pedrayo comeza a publicar La Región unha sección titulada “Del Orense antiguo”, en 1942. Publica durante uns días e pronto deixa de facelo, para retomalo en 1958, ata 1964, aínda que posteriormente continuasen as súas colaboracións ata que unha enfermidade o impediu.
Os textos publicados na columna “Del Orense antiguo” contan costumes do pasado, pero sobre todo recréase en personaxes locais, desde loquiños ata científicos e veciños raritos.
Algo máis de 300 artigos, contendo interesantes datos sobre a vida local de Ourense. Os textos de Otero que se inclúen neste libro son presentados tal cal foron publicados, ou sexa, non inclúen estudos, comentarios nin notas a pé de páxina.
Tamén inclúense nesta obra dúas entrevistas feitas ao propio Otero, nas que trata temas de actualidade e fai balance da súa vida considerandose, en expresión moitas veces repetidas, “un fastasma do século XIX”.
| Autores | Maribel Outeiriño e Ramón Otero Pedrayo |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Deputación Provincial de Ourense |
| Ano | 2017 |
| Idiomas | Galego |
| Encuadernación | Il.cor. ; 17 x 24 cm ; rústica cosida |
| Nº de páxinas | 448 |
| ISBN | 978-84-16643-12-7 |
| Depósito Legal | OU-403-2017 |
| Ano | 2017 |
|---|