Celanova ten unha foto

Carlos Lorenzo Pérez, José María Paz Gago e Xulio Valcárcel

8,00 

SKU: P-0540 Categorías: ,

Sinopse de Celanova ten unha foto

Libro de fotografía cuxo proxecto e ilustracións correron dá man de Carlos Lorenzo Pérez. Ten un limiar de Xulio Valcárcel e textos de José María Paz Gago.
Acostumados á beleza monumental desta vila, ás veces pásannos desapercibidos infinidade de detalles que forman parte do conxunto.
Ilustrado con imaxes da pedra e a madeira de Celanova, elementos que son na vila protagonistas constantes que nos trasladan a antigos universos.
A fotografía amosa o grandes que son os pequenos detalles, descontextualizalos do espazo que os rodea contribúen a crear emocións e outorgar significados que quizais nunca foron observados así polas xentes de Celanova. Ese é o destino deste álbúm, fuxir do tópico para pasear por unha terra mergullada na historia, na relixión e nas tradicións. E para quen aínda non tivera a sorte de visitar a terra de San Rosendo, estas imaxes serviranlle de petisco na descuberta dun lugar sen igual.

Celanova ten unha foto

Autores Carlos Lorenzo Pérez, José María Paz Gago e Xulio Valcárcel
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2017
Idiomas Galego
Encuadernación Il b/n ; 22 x 23,5 cm ; tapa dura
Nº de páxinas 98
ISBN 978-84-16643-17-2
Depósito Legal OU-409-2017

Información adicional

Ano

2017