Sinopse de Arame e fío
Rochi Nóvoa Vázquez, nada en Sobradelo (Xunqueira de Ambía) é unha poeta galega, docente no ensino público, participante activa en recitais de poesía, actos culturais e musicais e colaboradora en diversos proxectos sociais, culturais e educativos.
No ano 2024 presentou este poemario ao Concurso Anual de Publicacións da Deputación e a súa obra resultou elixida polo Consello Asesor de Publicacións desta institución para ser publicada, iniciando así unha nova colección: a de Poesía, que abre as portas para que outros poemarios podan ser editados a través deste concurso.
En Arame e fío, Rochi Nóvoa tece un universo de palabras entre afiadas e sutís a través duns fíos de cores que unen tempos, voces e emocións, onde a tenrura e a forza entrelázanse coma puntadas nun tecido delicado e resistente ao mesmo tempo, a cabalo entre a urxencia e o perdurable. É unha viaxe pola identidade, pola memoria e polas feridas que nos constrúen. En cada mazacote, coa súa cor vital e coa súa proposta activa, Nóvoa procura versos onde fía sentimentos profundos, empregando a lingua como un arame que sostén e une, pero tamén como unha ferramenta de resistencia e expresión, e como ela mesmo di, «coas mans cheas de vida e experiencia que protexen e coidan a terra».