Sinopse de A indumentaria tradicional galega. O traxe feminino
Unidade didáctica, formada por un estoxo que contén recortables, o que antigamente se denominaban “xoaniñas de papel”, con figuras femininas e diferente indumentaria presentada en fichas explicativas. Toda a indumentaria está composta das diferentes pezas que compoñen o traxe tradicional galego feminino, pezas para a cabeza, o busto e a parte inferior, calzado, pezas de abrigo e aderezos. Tanto traxes de gala como prendas de cotío.
Os textos explicativos son de Clodio Pérez e as ilustracións de Salomé Fernández.




