Ourense de Auga

Plácido López Rodríguez e Santiago Barreiros Camba

27,00 €

Sinopse de Ourense de Auga

Ourense de auga é un recoñecemento á cidade das Burgas, cuxa identidade está vencellada á auga. Así o confirma a etimoloxía máis cabal do seu topónimo: o termo auria, hidrónimo paleuropeo que significa «auga» ou «río», ao que se engadiu o sufixo –ensis latino.

Coas imaxes se documentan e capturan instantes dese fluír hídrico que a través do tempo foi configurando as veas e arterias do territorio ourensán, deitando aquí e acolá fervenzas, ríos, encoros, fontes, balnearios e augas medicinais que actualmente son puntos de interese clave para as xentes de España e Portugal e para os peregrinos que van camiño de Compostela e do Finis Terrae.

Ourense de Auga

Autores Plácido López Rodríguez e Santiago Barreiros Camba
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2026
Idiomas Galego - Castelán
Encuadernación Il. col. ; 24,5 x 23 cm.; tapa dura
Nº de páxinas 190
ISBN 978-84-16643-82-0
Depósito Legal OU 197-2026