Sinopse de A auga e as fontes en Galiza
No ano 1986 Felipe- Senén López Gómez foi nomeado membro da Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario. Felipe-Senén fixo, con motivo do seu ingreso, un traballo titulado A auga e es fontes de Galicia que foi lido en dito acto, pero quedou no esquecemento, como todo o que se transmite de xeito oral e non se plasma por escrito e polo tanto, solo uns cantos privilexiados que se atopaban alí tiveron a posibilidade de coñecelo.
Membros do Centro de Estudos Manuel Chamoso Lamas, pensaron que era un bo traballo para ser publicado e o presentaron á Deputación de Ourense que non é indiferente aos temas culturais e se decide publicalo, xa que o traballo merece a pena e debe darse a coñecer.

