O ensino primario en Ourense no primeiro terzo do século XX

Rosa María Cid Galante

10,00 

Sinopse de O ensino primario en Ourense no primeiro terzo do século XX

Este libro tenta analizar o estado do ensino primario en Ourense no primeiro terzo de século XX así como outros aspectos socioambientais que rodean á educación da provincia. Unha provincia que contaba cuns índices de analfabetismo moi elevados a comezos da nova centuria e unha depauperada sociedade que non tiña a educación como máxima prioridade.

A pretensión é internarse nas cuestións estruturais da educación primaria ourensá, na evolución do número de escolas primarias, tanto públicas como privadas, nas escolas de adultos, na calidade e estado dos establecementos escolares; se resultaban suficientes para a provincia, como se distribuían, os orzamentos que recibía a provincia para a educación, que métodos se empregaban, se os docentes cumprían coas súas obrigas, como era a actitude social ante a educación, etc.

Obra aprobada no Concurso para selección de obras para edición ou coedición pola Deputación Provincial de Ourense  correspondente ao exercicio 2014.

O ensino primario en Ourense no primeiro terzo do século XX

Autor Rosa María Cid Galante
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2014
Idiomas Gallego
Encuadernación 24 x 17 cm., il.: b/n, rústica con solapas.
Nº de páxinas 352
ISBN 978-84-92554-80-5
Depósito Legal OU-348-2014