Flora de la provincia de ourense. Sierra del Burgo

Juan Antonio de Jesús González, Rosa Alicia Rodríguez Romero e Vicente R. Gracia

13,00 

SKU: P-0494 Categorías: ,

Sinopse de Flora de la provincia de ourense. Sierra del Burgo

Os tres autores deste libro son uns apaixonados da flora e fauna de Galicia e detrás desta obra hai un gran traballo de campo.

Comprende un completo estudo sobre a flora da Serra do Burgo, territorio que percorreron e herborizaron. Escollérono pola súa biodiversidade florística, por ser unha serra homoxénea, granítica, illada e ben delimitada, que nunca fora estudada por ningún botánico coñecido. Ademais, os seus escasos núcleos habitados e o seu difícil acceso garantizan a existencia de biótopos relativamente ben conservados.

O estudo florístico permitiulles encadrar a serra nunha ou outra rexión corológica, establecer límites ou fronteiras biogeográficas, e comparar a súa flora coa dos macizos próximos.

A Serra do Burgo está situada na parte Norcentral da provincia de Ourense, é un ramal interfluvial desprendido do complexo Macizo Central Ourensán (Sierra de Queixa – Manzaneda – Invernadoiro) (1.778 m.). A Serra está repartida entre os municipios de Montederramo, Chandrexa de Queixa e Castro Caldelas.

A edición foi aprobada no “Concurso para selección de obras para edición ou coedición pola Deputación Provincial de Ourense” correspondente ao exercicio 2014.

Flora de la provincia de ourense. Sierra del Burgo

Autores Juan Antonio de Jesús González, Rosa Alicia Rodríguez Romero e Vicente R. Gracia
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2014
Idiomas Castellano
Encuadernación 24 x17 cm. il.: color, rústica con solapas
Nº de páxinas 254
ISBN 978-84-92554-79-9
Depósito Legal OU-353-2014