Sinopse de Emprendedores rexos en tempos duros. A integración dos galegos en Venezuela e no Brasil durante o século XX
«Para os que se van, é, antes que nada, unha experiencia individual; para os que se quedan é, sobre todo, un problema social». Ramón Piñeiro resumía con esta frase a perspectiva, sobre a emigración que predominaba na intelectualidade galeguista de mediados do século pasado. Facíao na súa intervención no I Congreso da Emigración Galega celebrado en 1956 en Buenos Aires. E concluía, «todos os galegos participamos no feito da emigración», «vivíndoa como experiencia ou vivíndoa como problema». Trátase dun longo proceso que está omnipresente na evolución demográfica, económica, social e identitaria da Galicia do século XX. Mesmo condicionou discursos e estratexias ,políticas recentes artelladas nesta fisterra atlántica pensando nos fillos e netos dos emigrados.
Neste ensaio se abordarda a realidade vivenciada polos propios emigrantes en Venezuela e no Brasil. Os autores escolleron precisamente estes dous casos porque foron os destinos preferidos polos emigrantes galegos das décadas centrais do século pasado, mesmo desprazando a Arxentina no caso de Venezuela.
Se empregaron como fontes primarias os testemuños de varios emigrantes ourensáns, os seus retratos e as cartas que escribiron para manter a relación cos familiares e cos amigos que deixaron atrás. Contrastaron as súas percepcións coas visións elaboradas polos intelectuais coetáneos, dende Piñeiro como estratego de Galaxia, ata Celso Emilio Ferreiro.
A obra foi escollida polo Consello Asesor de Publicacións da Deputación no Concurso para selección de obras para a súa edición ou coedición pola Deputación no ano 2015.

