Sinopse de Proposta: Anselmo Iglesias
Catálogo de exposición con textos de Enrique Bande Rodríguez, Pol Fernández López, Ada Arroyo Huertes e Josefa Seara Suárez. Anselmo Iglesias é un pintor autodidacta, que buscou a súa formación plástica e os seus camiños de expresión desde a liberdade e a vontade de completar a súa vida cunha vocación artística. A súa obra é unha pintura liberada de artificios, unha pintura directa e ao mesmo tempo primitiva, unha pintura limpa e sincera.




