Presentación do libro A Virxe do Cristal: lenda, roubo, asasinato.
27 de Febreiro de2026
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a presentación do libro A Virxe do Cristal: lenda, roubo, asasinato, unha publicación colectiva que reivindica a memoria histórica, a identidade cultural e o valor simbólico dun dos elementos patrimoniais máis singulares da provincia. O acto contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, encargado de pechar a presentación, xunto co alcalde de Celanova e coordinador do proxecto, Antonio Puga; as críticas literarias Tareixa Taboada e Mercedes Gallego; e o autor e coordinador da obra, Xosé Manuel del Caño. A cita reuniu arredor de medio cento de artistas e escritores que participan neste traballo.
