DISTRIBUCIÓN

NO VENAL

Todas as publicacións, as propias e as patrocinadas pola Deputación, unha vez presentadas oficialmente, son distribuídas desde a institución de forma gratuíta a todas as institucións públicas da provincia que posúan un punto de lectura. Desta maneira os nosos títulos están en todas as bibliotecas da provincia e dependendo da tirada, son tamén distribuídos a colexios e institutos provinciais e tamén a todos aqueles centros cos que a biblioteca provincial mantén intercambio de publicacións. Así, os nosos libros están ao alcance de todas as persoas que necesiten consultalos.

COMERCIAL

LIBRERÍAS

A Deputación, distribúe tamén un 20% da súa edición propia de forma comercial. Somos conscientes da dificultade que supón para unha editorial pública facilitar o coñecemento da súa produción editorial e por isto é conveniente que se saiba que todas as publicacións da Deputación, que non estean esgotadas, se encontran dispoñibles para o público para a súa venda nas librerías, ás que chegan a través das dúas distribuidoras coas que traballamos.

Se alguén desexa algunha publicación que figure entre as existencias de la Deputación de Ourense, só ten que acercarse a unha librería e solicitala e se non a teñen, a librería pode solicitala aos nosos distribuidores, que son os seguintes:

Comunidade Autónoma de Galicia:
Editorial Galaxia S.A.
Distribución:
Travesía de Vigo, 71, soto 36206 VIGO
Tf.: 986265144
Fax: 986262734
Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo


 

 

 

 

VENDA DIRECTA

Ademais, as publicacións da editorial Deputación Provincial de Ourense, poden mercarse directamente no Negociado de Publicacións da propia Deputación de Ourense en horario de 9.00 a 14.00 de luns a venres.

Tamén e, previa solicitude, as nosas publicacións poden ser mercadas directamente a través do correo electrónico.

Para calcular o prezo do pedido, deberá sumar os gastos de envío, a xestión do cobro contrareembolso, e o PVP dos libros solicitados. En calquera caso, deberá facilitarse a dirección postal á que hai que remitir o pedido, un nome e número de teléfono.

(VER CONDICIÓNS EN VENTA DIRECTA)

Se é necesario, contacte con nós.
Dirección postal:
C/ Progreso, 32        32003 OURENSE
Tf.: 988317790/ 988317792
Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo